Alumnos de EFA A Cancela chegan á final do concurso Talento Xoven 2024

/ Novembro 25, 2024/ Noticias

🎉 Alumnos de EFA A Cancela chegan á final do concurso Talento Xoven 2024 na disciplina de Cociña de Xuventude Crea! 🍴✨

Tres parellas de alumnos da nosa escola destacan entre os mellores talentos no certame organizado pola Consellería de Xuventude. As súas propostas innovadoras e con forte identidade cultural brillaron no escenario e xa están na gran final. Aquí vos presentamos as súas creacións:

🍷 Pablo e Ana, de As Neves, sorprenderon cunha torrada de viño tinto de Rubiós, aromatizada con cítricos da horta da escola e acompañada dun xeado de requeixo de As Neves, unha homenaxe á súa terra e á súa rica tradición gastronómica.

🔥 Sofía e Valeria, alumnas de primeiro curso, presentaron o prato Lume de Santa Compaña, unha deliciosa mousse de chocolate branco con compota de plátano e curry, salseado cun xugo de queimada con augardente branca D.O. Galicia.

🌰 Ledi e Nico conquistaron co seu doce de outono: unha tartaleta de castaña combinada cunha tarta de queixo de tetilla e unha suave marmelada de pementos.

👏 Desde EFA A Cancela estamos cheos de orgullo por estes rapaces e rapazas que levan a nosa escola e a tradición galega por bandeira. Desexámoslles moita sorte na final!

 

Share this Post