EFA A Cancela conta desde hoxe co selo “Revitaliza”

/ Febreiro 4, 2022/ Noticias

Esta distinción en principio está destinada aos restaurantes da provincia que composten de maneira responsable o seu lixo orgánico, mostrando así un compromiso co medio ambiente no seu facer diario.

Así o subliñou o noso alcalde,  que fixo entrega hoxe á nosa escola da placa conmemorativa e animounos tanto ao persoal docente como aos nosos alumnos de Industrias Alimentarias que non perdesen ese compromiso persoal co  medioambiente; afirmou tamén  que este tipo de iniciativas suma na súa aprendizaxe profesional no mundo da gastronomía.

Efa A Cancela está totalmente entregada en achegar a economía circular como un contido transversal na formación profesional que impartimos aos nosos alumnos.

Agradecer á @Deputación de Pontevedra, en concreto ao proxecto @Revitalia e ao @Concello de As Neves, este galardón. Agora poderemos lucir na nosa porta os anagramas de Revitaliza, e tamén o distintivo personalizado, tal e como se fai con outras redes de calidade.

Felicitar á nosa ” mestra  composteira Vicky pola fantástica formación que lle impartiu aos nosos alumnos sobre a compostaxe

Share this Post