CURSO DE PANADERÍA ARTESÁ

/ Febreiro 3, 2022/ Noticias

Este sábado, 29 de xaneiro, tivo lugar no Obradoiro da escola EFA A Cancela, un Curso de Panaderia Artesanal, para a Asociación de Mulleres Rurais “Chan dos Casteliños” de As Neves.

Esta iniciativa estivo coordinada pola Presidenta da Asociación Mari Carmen Gil, e impartida pola mestra de panadería do Centro de Formación Profesional, Fátima Estévez.

Neste Curso-Taller, falamos da importancia dos bos dereais a empregar, do valor tanto nutricional como de calidade que aporta a masa nai no proceso panario, e elaboramos pans de tradición como o pan de mollete, e pans máis imnovadores: pan de centeo con chocolate e laranxa confitada, pan de leite, pan de molde vegano con sementes, etc.

Pero o máis importante: aprender as claves dun bo amasado, das fermentacións, as técnicas de formado  e enfornado do pan, un repaso básico que despertóu a idea de que facer pan na casa, pode ser unha forma moi saudable de consumir un alimento básico na nosa dieta e de gran valor gastronómico e cultural.

Dicir en conclusión, que este tipo de formación, é de vital importancia para a nosa escola,   que dentro dos seus obxetivos, está o compromiso social e a colaboración coas persoas do medio rural onde nos atopamos

Share this Post