ECONOMÍA CIRCULAR E NOVOS MODELOS DE NEGOCIOS

/ Maio 5, 2022/ Noticias

Seguimos coas sesións de Voz Natura, esta vez para o Ciclo Medio de Xestión Administrativa impartida por Pilar Piñeiro García, profesora do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo, Coordinadora do Máster en Xestión de Desenvolvemento Sostible.

Falounos de coñecer e facer uso das 3R é imprescindible para contribuir a axudar ó Medio Ambiente, xa se fala de 7R e incluso de 13R. Por iso é importante a Economía Circular para evitar os residuos que garante un crecemento sostible no tempo, trátase de optimizar os recursos e aproveitalos, reducir o consumo de materias primas. A economía circular encontra nos desperdicios novos recursos, reducindo así o impacto ambiental.

Puxo exemplos de diferentes modelos de negocios de hoxe en día que levan a cabo este modelo económico de economía circular.

Todo isto con unha meta, producir, reducindo o lixo do noso planeta

MOITAS GRAZAS PILAR pola túa sesión tan interesante e dinámica

Share this Post