Sesión sobre lactación materna, masaxe infantil e BLW na EFA A Cancela
Yolanda González, asesora de lactación, imparte unha sesión ó alumnado do CFGM de Coidados Auxiliares de Enfermería e ó CFGS de Educación Infantil.
A leite materna é o alimento que produce a natureza para a alimentación dos cativos. Está deseñada especificamente para el, adaptándose ás necesidades de cada momento e situación.
Yolanda explicounos que entre os beneficios da lactación materna están:
– Protección contra a morte súbita.
– Axuda a previr o sobrepeso e a diabetes tipo 2.
– Aforro de custes para os pais.
– Promove o apego entre a nai e o bebé.
Asemade, tamén tivemos a oportunidade de coñecer as diferentes posturas que facilitan a lactación materna, e como é a alimentación do neno durante o primeiro ano de vida.
E para rematar, os alumnos do CFGS de Educación Infantil tiveron un pequeno obradoiro de masaxe infantil e BLW.
Moitas grazas Yolanda!