O ALUMNADO DE EFA A CANCELA CONTINÚA A REFORESTACIÓN DE AS NEVES

/ Febreiro 25, 2023

Esta actividade, realizada no marco do noso proxecto para Voz Natura, executouse, en dous turnos ao longo de toda unha mañá e supuxo a plantación de 80 carballos en dúas parcelas diferenciadas. Este curso 2022 – 2023 continuamos a nosa colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Cibrán de Ribarteme…

Segunda estadía na empresa

/ Febreiro 23, 2023

Os noso alumnado da rama de Administración, en concreto 1° CFGM de Xestión Administrativa e 1° CFGS de Administración e Finanzas, estiveron na SEGUNDA ESTADÍA NAS EMPRESAS da súa contorna, durante unha semana, observando e practicando a realidade laboral. Experiencia moi gratificante e enriquecedora. Moitas grazas a todos os organismos públicos e empresas colaboradoras…

COÑECENDO A FONDO O FUNCIONAMENTO DA CENTRAL DE ESTERILIZACIÓN DO CHUVI

/ Febreiro 20, 2023

O noso alumnado de Enfermería visitou a devandita central, ubicada no Hospital Meixoeiro, recibindo unha detallada visita guiada pola supervisora do servizo, María Martínez. O pasado luns 6 de febreiro o alumnado e dous profesores do CFGM CAE desfrutamos dunha clase de 3 horas moi especial, directamente relacionada co noso módulo “Hixiene do Medio…

II Xornada en Lisboa

/ Febreiro 16, 2023

Hoxe a parada gastronómica do CFGM de Panadería, Repostería e Confitería pola capital lusa foi na Taberna Moderna. Este restaurante pertence a un galego, Luis Carballo. Entre as súas recomendacións: atún con mango, arroz con chourizo de cabaza ( calabizo) e cogomelos, ovos rotos con gulas e camarón. Unha proposta innovadora que impactou nas…

I Xornada do Viaxe a Lisboa

/ Febreiro 15, 2023

Hoxe os alumnos dos Ciclos de Administración e o CFGM de Panadería, Repostería e Confitería visitaron o Centro Galego de Lisboa. Fundada no 10 ano 1908, é unha asociación de persoas interesadas en difundir e dar a coñecer a cultura e as tradicións galegas en todas as súas manifestacións. A súa vocación é a de…