Segunda Xornada do III Fórum de Emprego da EFA A Cancela

/ Novembro 21, 2024/ Noticias

Comezamos a Segunda Xornada do III Fórum de Emprego da EFA A Cancela con Pedro Alfaro, xerente de BTravel, coa sesión como “Iniciar o teu Proxecto”.

“Pertenzo a unha familia de emprendedores e aprendín que hai que ir paso a paso para ir evolucionando e que temos que identificar o erro para cambiar o rumbo”.

“Mira aos ollos ao teu cliente e á túa competencia polo retrovisor”.

Seguimos co POLO de emprendemento de Porriño aprendendo sobre “Recursos para emprendedores”.

“Desde o POLO facemos un acompañamento completo ao emprendedor; titorización, formación e damos ferramentas para o desenvolvemento do proxecto”.

De seguido, Goretti Abalde Alonso, Educadora Social e Eva Caparroz Novoa, Psicóloga, de Avelaíña, destacaron a importancia do “Coidado do benestar mental no ámbito laboral”.

“A saúde mental é o benestar emocional, psicólogo e social, segundo a OMS.

No noso día a día estamos rodeados de moitos factores que poden afectar o noso estado emocional, debemos coidarnos en todos os sentidos; é primordial aprender a xestionar as nosas emocións”.

Finalmente Pilar Barros, Directora de RRHH de “Aguas de Mondariz”, contestounos á pregunta: “existe o currículo perfecto?”

“Debemos destacar aspectos diferentes aos demáis candidatos.

Un curriculo ten 6 partes; unha delas, e moi importante, son as habilidades brandas”.

Por útlimo, Mariña Couñago, inspectora de Educación, José Manuel Alfonso, alcalde de As Neves, e María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela, clausuraron a III edición do Fórum de Emprego.

Grazas a todos os relatores e a todos os alumnos e á Comunidade Educativa, en xeral, que colaboraron dalgún xeito no desenvolvemento deste evento…o próximo ano máis e mellor!

Share this Post