INVESTIGANDO DIVERSOS TIPOS DE EMPRESAS DO MEDIO SANITARIO

/ Marzo 6, 2023/ Uncategorized

O noso alumnado de Enfermería viviu novas experiencias na empresa, realizando breves estancias en diversos centros relacionados co medio sanitario da nosa contorna.

Durante a semana do 27 ao 03 de febreiro, o noso alumnado do CM Coidados Auxiliares de Enfermería cambiou a aula pola empresa nesta segunda estancia do curso organizada polo seu profesorado, contando esta vez coa colaboración dunha multitud de centros moi diferentes relacionados coa sanidade: clínicas podolóxicas, clínicas de fisioterapia, centros psicotécnicos, clínicas médicas e centros especializados en discapacidade, entre outros.

Así, executaron o proxecto de investigación que deseñaron na clase e que finalmente desenvolveron durante 5 días en cadansúa empresa, mergullándose na realidade do mundo laboral sanitario e vivindo experiencias únicas que enriquecerán a súa FCT o vindeiro curso.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a amable colaboración de tantos profesionais e expertos responsables das empresas, sen os cales non tería sido posible esta parte imprescindible do noso plan formativo.

Share this Post