A LABOR DOS HIXIENISTAS BUCODENTAIS. A HIXIENE BUCODENTAL COMO PROFESIÓN DE FUTURO

/ Xuño 21, 2024/ Noticias

Dúas hixienistas bucodentais, que traballan en clínicas de As Neves e Tui, acudiron a EFA A Cancela para compartir a súa experiencia formativa e profesional, solucionando as dudas e curiosidades do noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería.

O pasado día 18 de xuño tivemos a fortuna de contar coa visita de Elena (C&G Centro Odontológico, As Neves) e Valeria (Odontología Avanzada Martínez & De Castro, Tui), que nos falaron sobre as perspectivas laboráis dos TCAEs e dos hixienistas nas clínicas dentais, aportando valiosa información sobre os estudos do C.F.G.S. Hixiene Bucodental e informando ao noso alumnado sobre o día a día da súa profesión.

Esta sesión formativa, preparada previamente polo alumnado co profesor do módulo Técnicas de Axuda Odontolóxica e Estomatolóxica, foi especialmente útil para que os nosos futuros TCAE valorasen a posibilidade de continuar a súa formación no C.F.G.S. Hixiene Bucodental.

Desta interesante sesión, o noso alumnado valora especialmente a perspectiva aportada sobre a importancia da figura do hixienista dentro do equipo de traballo da clínica dental e a gran cantidade de labores que pode realizar un profesional con esta titulación. Tamén destacou a posta en valor de rasgos como a empatía, a capacidade de traballo en equipo, a capacidade organizativa  e a importancia da actitude e a aptitude nun profesional deste campo para asegurar un trato de calidade aos pacientes.

Desde EFA A Cancela queremos agradecer a Elena e a Valeria o seu bo facer e a súa colaboración para mellorar a formación do noso alumnado.

Share this Post