TÉCNICO SUPERIOR EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO E MEDICINA NUCLEAR: UNHA PROFESIÓN CON FUTURO

/ Xuño 21, 2024/ Noticias

Un experto neste campo, con décadas de experiencia ás súas costas e unha carreira brillante, acudiu a EFA A Cancela para informar ao noso alumnado sobre as características deste ciclo formativo de grao superior. 

O pasado 5 de xuño Ricardo Gómez “Calis” visitou ao noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería para resolver as súas dúbidas sobre esta titulación de técnico superior, unha alternativa que varios dos nosos estudantes valoran coa idea de continuar os seus estudos cando acaden o título de TCAE.

Ademáis de explicar de forma emocionante os cambios que sufriu esta titulación en España desde os seus inicios, Calis foi capaz de motivarnos, transmitíndonos o amor polo seu traballo, un posto desde o que é posible axudar a moitos pacientes e medrar como persoa.

O noso alumnado valorou moi positivamente esta sesión, destacando a cantidade de datos valiosos aprendidos na mesma e a calidade humana de Calis, que resulta contaxiosa e invita a seguir estudando e mellorar tanto no terreo profesional como no persoal.

Desde EFA A Cancela queremos agradecer a Ricardo Gömez “Calis” a súa profesionalidade e capacidade para transmitir ao noso alumnado tanto información valiosa como valores de primeiro nivel.

Share this Post