GUÍA DE PLANTAS MEDICINAIS DE AS NEVES E RECEITAS POPULARES PARA REMEDIOS CASEIROS

/ Xuño 20, 2024/ Noticias

O alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería dos últimos cursos leva tres anos elaborando esta guía no seo do noso Proxecto Voz Natura.

O alumnado dos tres últimos cursos do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería (incluido o actual) foi o responsable da creación desta guía, elaborada dentro do Proxecto Voz Natura, no módulo de Promoción da Saúde e Apoio Psicolóxico ao Paciente do C.F.G.M.

Existen multitude de plantas e fungos con propiedades medicinais. Motivados pola curiosidade científica, xa hai tempo decidimos realizar un traballo de investigación sobre principios activos e propiedades medicinais destes seres vivos da nosa contorna, utilizando diversos recursos e finalmente elaborando fichas técnicas para cada planta. Con respecto aos remedios caseiros, elaboramos unhas enquisas coas que obter información dos familiares do alumnado, do propio alumnado e dos veciños maiores do noso concello co fin de preservar o saber popular en relación á elaboración destes remedios. A partir da información recabada, creamos tamén unha pequena recopilación de receitas que incluimos nesta guía. Así, durante os cursos anteriores, o alumnado encargouse de cubrir os datos dun formulario de Google (Google Forms) elaborado polo profesor, enviando os datos e xerando así fichas para cada planta. Do mesmo xeito, cun formulario diferente adicado ás receitas tradicionais dos remedios caseiros, o alumnado puido volcar os datos referentes ás enquisas e búsquedas realizadas.

No curso 2023 – 2024, o alumnado do ciclo tamén aportou novas especies con propiedades medicinais e receitas, esta vez sen utilizar os formularios.

Por todo isto, a guía leva os nomes do proxecto Voz Natura do curso pasado (cando se editou por primeira vez) e tamén do proxecto actual.

Ao longo destes anos, esta actividade nos axudou a valorar como se merece a sabiduría e o coñecemento dos maiores das nosas familias e contorna, aprendendo propiedades medicinais que, no caso dalgunhas especies, nos eran descoñecidas. Ademáis, serviu para valorar a capacidade de discriminar a información recibida, separando o anecdótico ou falto de base científica do que realmente está probado.

Esta guía non é definitiva e deberá estar suxeita a futuras revisións e ampliacións. Aínda así, aquí publicamos un enlace á mesma na súa versión actual.

https://drive.google.com/file/d/1mqC5uniHsHHDUwqlqpQKsWSQWB-UMjQH/view?usp=sharing

 

Share this Post