“Storytelling”

/ Maio 31, 2025/ Noticias

O alumnado do CFGS de Educación Infantil protagoniza unha xornada de narración oral en inglés para fomentar a aprendizaxe a través dos contos.

O “Storytelling” é unha forma moi efectiva de integrar a lingua inglesa no contexto real da aula infantil, traballando as competencias orais, a empatía e a planificación pedagóxica.

Esta semana o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil participou nunha actividade de storytelling organizada dentro do módulo de Inglés profesional. A proposta consistiu en preparar e interpretar contos infantís en lingua inglesa, empregando diferentes recursos didácticos e técnicas de dinamización para captar a atención dun público moi especial: os nenos e nenas de Educación Infantil.

Durante a actividade, os futuros técnicos e técnicas infantís puxeron en práctica non só os seus coñecementos lingüísticos, senón tamén a súa capacidade creativa e expresiva.

Moitos dos grupos elaboraron materiais visuais como monicreques, disfraces, tarxetas ilustradas ou xogos.

A actividade ten como obxectivo achegar ao alumnado a realidade profesional, fomentando o uso funcional do inglés como lingua vehicular en actividades educativas, cada vez máis presente nas escolas infantís. Ademais, o storytelling permite desenvolver habilidades comunicativas esenciais para a intervención educativa con nenos e nenas de 0 a 6 anos.

Share this Post