CONECTANDO O CICLO DE ADMINISTRACIÓN CO MUNDO LABORAL
O alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou nun obradoiro práctico sobre IRPF. A sesión foi impartida por Ana González, da Xestoría Condado Paradanta (As Neves). Aproveitando que estamos no período de presentación da declaración da renda, o grupo profundou na elaboración e a súa aplicación práctica da mesma.
Agradecemos a Ana a súa proximidade e implicación coa formación do futuro talento profesional. Este tipo de actividades conectan a aula co mundo laboral e reforzan a aprendizaxe aplicada.
Moitas grazas Ana.