Proxecto de Formación na Empresa (PFE), aprendizaxes e agradecementos

/ Maio 31, 2025/ Noticias

Queremos compartir unha parte moi importante do noso proxecto educativo,nos primeiros cursos da rama de administración, Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Superior de Administración e Finanzas: a experiencia nas empresas, foron semanas  onde puidemos ver de preto o día a día do mundo laboral.

Alí tivemos a oportunidade de poñer en práctica o que aprendemos nas aulas, coñecendo diferentes sectores e funcións. Dende tarefas administrativas básicas ata procesos máis complexos, cada momento foi unha nova aprendizaxe. Non só melloramos as nosas habilidades técnicas, senón que tamén desenvolvemos a nosa capacidade de adaptación, o traballo en equipo e a resolución de problemas.

Estamos moi agradecidos a todas as empresas que colaboraron con nós. A súa disposición para recibirnos, guiarnos e ensinarnos foi fundamental para que esta experiencia fose tan enriquecedora.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Share this Post