A ONCE NA EFA

/ Novembro 21, 2023/ Noticias

O pasado luns tivemos a sorte de poder volver contar con Marian, traballadora e afiliada á ONCE, entidade prestadora de servizos para as persoas cegas, que no ano 2018 celebrou o seu 80 aniversario. Hoxe en día, o Grupo Social ONCE, está composto por ONCE, a Fundación Once, e Ilunion, dando así cabida e oportunidades á inclusión das persoas cegas, e con outras discapacidades, para poder ofrecerlles a oportunidade dun traballo digno, así como unha independencia económica.

Marian ofreceunos unha marabillosa sesión de sensibilización e concienciación ao alumnado, falándonos da importancia do coñecemento do sistema Braille, así como do material adaptado, para que as persoas con déficit visual poidan levar unha vida normalizada, tendo integrado un sistema de lectura e de escritura.

Hoxe en día, gracias aos avances tecnolóxicos pódense superar moitas das barreiras que fai unhas décadas impedían unha boa comunicación.

Moitísimas grazas, Marian!

Share this Post