VISITA PÉREZ RUMBAO

/ Decembro 4, 2023/ Noticias

O pasado martes 28 de novembro os primeiros cursos de Xestión Administrativa e Administración e Finanzas participaron na visita á sede que o grupo de empresas Pérez Rumbao ten en Vigo. En concreto visitou Copervi e Vepersa. Foron recibidos polos xerente e os responsables do departamento de administración e ventas das mesmas.

A visita consistiu nunha primeira presentación do grupo e das empresas en concreto e unha posterior charla-coloquio na que os alumn@s coñeceron as distintas tarefas levadas a cabo polo departamento administrativo e preguntaron todas aquelas dúbidas que foron xurdindo ó longo da mesma. Posteriormente fíxose un percorrido polas mesmas nas que puideron ver as exposicións e as oficiñas (unha en concreto foi a de servizos postventa, na que tiveron a ocasión de falar coas traballadoras da mesma sobre a súa labor)

Share this Post