PROTECCIÓN DE DATOS : conceptos básicos e cuestións prácticas
A protección de datos é necesario saber aplicala cando traballamos con persoas para poder dar o tratamento adecuado aos seus datos.
Belén Rodríguez Lago, Asesora Xurídica de Centros Educativos, Cooperante con Vocación Internacional e Secretaria da Federación EFAs de Galicia, explicou aos nosos alumnos de 1° do CFGS de Administración e Finanzas, os conceptos básicos e os diferentes tratamentos da protección de datos así como diversas aplicacións prácticas.
Moitas grazas Belén pola túa sesión tan práctica e interesante