SESIÓN FORMATIVA SOBRE DOAZÓN DE MEDULA ÓSEA, NO CFGS DE EDUCACIÓN INFANTIL

/ Decembro 5, 2022/ Noticias

Lourdes López Lama, técnica superior de ADOS “Axencia de Doazón de  Órganos e Sangue”, explicounos que no caso  de que a medula ósea dunha persoa non poida funcionar axeitadamente debido a unha enfermidade como a leucemia, por exemplo,  un transplante de proxenitores hematopoéticos resulta esencial para a súa supervivencia. Pode atoparse un doador compatible dentro da familia do doente soamente nunha cuarta parte dos casos. No resto, precísase buscar doadores voluntarios compatibles. Pero a compatibilidade entre persoas non emparentadas é moi difícil de atopar, polo que se recorre a unha rede internacional de rexistros de medula ósea chamada REDMO.

Ademáis disto, explicounos os requisitos para ser doante de medula ósea e todo o procedemento que relaciona todo o proceso de doazón.

Moitas grazas Lourdes!

Share this Post