FESTA DE FAMILIAS

/ Decembro 22, 2022/ Noticias

A importancia de vivir o Nadal como se merece, tentando facer mellores aos que nos rodean e ofrecerlles a nosa mellor versión.
Estas foron algunhas das ideas destacadas pola nosa directora Lara Fernández dirixidas a numerosos familiares que se achegaron a pasar a tarde connosco, a celebrar un fin de trimestre fabuloso e o comezo do Nadal.
A continuación todos gozamos dun chocolate e rosca mentres visualizabamos os Tiktoks feitos polos nosos alumnos. Finalmente sorteamos unha Cesta de Nadal entre alumnos e familiares sendo a agraciada Lucía Barbeito de 1° de Educación Infantil.
Por outra parte durante o día de hoxe recibimos de novo a Nenocha Otero, antiga directora de EFA e subdirectora do Centro de Estudos Superiores Aloya que nos dedicou unha sesión sobre o Nadal a profesorado e persoal de A Cancela

 

Share this Post