SESIÓNS FORMATIVAS AO ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE EDUCACIÓN INFANTIL
Esta semana o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil tivo a sorte de contar coa presenza de dous profesionais do mundo da educación, nas súas respectivas especialidades.
Por unha banda, Patricia Prado, mestra de Educación Infantil na Escola Infantil Kid’ s Garden de Vigo, puxo en práctica diversos obradoiros que ela mesma desenvolve no seu traballo diario cos cativos.
Os obradoiros foron o centro de interese sobre o que o alumnado fixo o seu traballo de observación e investigación do Proxecto da Alternancia que cada trimestre levan a cabo, a través das estancias do alumnado en diferentes empresas do seu sector durante unha semana cada trimestre.
Por outra banda, Ana Sendra, coordinadora de FTCs (Formación en Centros de Traballo) do Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo, e con moita experiencia neste ámbito, impartiu unha sesión formativa moi interesante, amena e instructiva ao alumnado do segundo curso, debido a que a finais deste mes comezarán unha nova e última etapa de prácticas, onde poderán ver in situ todo o aprendido durante estes dous anos de formación.
Moitísimas grazas pola vosa xenerosidade e implicación