2ª Xornada I Fórum de Emprego EFA A Cancela

/ Novembro 18, 2022/ Noticias

Destacar e agradecer nesta II Xornada a presenza e participación da Directora Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Dona Zeltia Lado Lago e Don Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves.
A sesión de Dona Zeltia describiu a Axenda Galega das Capacidades para o Emprego: modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Na súa exposición a directora destacounos o novo programa Xempre Rede de Emprendemento —que busca manter a Galicia na senda de crecemento e a creación de emprego de calidade— e na modernización do Servizo de Emprego. A mesma levará consigo, entre outras iniciativas, o uso da intelixencia artificial para casar a oferta e a demanda de emprego na comunidade así como a creación de 12 Polos de Emprendemento en toda Galicia.
Dona Cristina Correa Álvarez, adxunta a Dirección de Starnaliza: Empresa e Persoas: Compromiso.
Antiga alumna da EFA A Cancela, en poucos anos chegou a ser Adxunta de Dirección.
Ante a pregunta, “Que buscan as empresas nos candidatos?”, Cristina non dubida que a formación en valores recibida no noso centro foi clave para chegar onde está: compromiso, actitude, humildade, empatía, son só algúns dos valores que as empresas buscan.
A continuación escoitamos a Cristina e Loli de Academia Postal: Emprego Público, outra opción.
Faláronnos da experiencia desta academia desde 1968 na preparación de oposicións como outra opción ao traballo por conta privada.
Destacaron os diferentes tipos de oposición (libre ou concurso-oposición) e segundo a zona: estatais, autonómicas ou locais.
D. Daniel Canosa Blanco como representante do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego “Costa da Morte” (Coristanco) levou a cabo unha interesante sesión: E se emprendo?
Galicia ofrecerá 12 polos de Emprendemento que permitirán crear sinerxias en todo o territorio para apoiar o emprego e fixar poboación.
Daniel describiunos detalladamente O Polo de Emprendemento en Coristanco con sede no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, como opción para emprender principalmente nas zonas rurais, ofrecendo asesoramento, preparación e titorización con profesionais especializados.
Don Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves explicounos “Como Xerar emprego desde as políticas sociais e de vivenda nun concello pequeno: o caso de As Neves”.
Ante a perda de poboación das zonas rurais, As Neves traballa activamente no programa #vivenasnneves co que se están levando a cabo políticas de vivenda, sociais e de asesoramento, así como a activación e a comunicación con diferentes accións.
O obxectivo non só é mellorar a capacidade de acollida para novos moradores e moradoras senón tamén aumentar as oportunidades laborais ao redor destas iniciativas.
Agradecer a todos os relatores a súa participación e a todas as autoridades presentes no evento, así como a todos os asistentes e a colaboración de todos os nosos alumnos na elaboración do cátering, aos azafatos/as, fotógrafas e aos técnico de sons e cámara!
Foi, sen dúbida, un éxito de participación, o que nos anima a empezar a organizar xa o II Fórum de Emprego EFA A Cancela!
Clausuramos este I Fórum de Emprego EFA A Cancela coa Directora Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Dona Zeltia Lado Lago, Don Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves, Dona María del Carmen Gil, presidenta da Asociación EFA A Cancela e Dona Lara Fernández, directora do centro de Formación Profesional EFA A Cancela
Share this Post