Visita o noso centro Marta Estévez, Educadora Infantil e Mestra

/ Abril 7, 2021/ Noticias

A semana pasada visitou o noso centro Marta Estévez, para contar a súa experiencia e vivencias ao longo de 20 anos de traxectoria profesional, traballando tanto de Educadora Infantil coma de Mestra.

O alumnado puido coñecer e trasladarlle as súas inquietudes como futuros Educadores Infantís, en temas tan variados coma o traballo na aula coa realidade COVID, o periodo de adaptación, o traballo diario cos  cativos e coas familias, e, entre outros, as características e cualidades que cree debe  reunir un futuro profesional neste sector  tan agradecido e vocacional coma o noso.

¡Moitas grazas Marta!

¡Foi un verdadeiro placer a túa visita!

Share this Post