Visita do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil a Granxa Escola El Kiriko

/ Xuño 14, 2021/ Noticias

Este pasado xoves, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil visitou a Granxa Escola El Kiriko, en Fornelos de Montes. Alí esperábanos Paula para explicarnos a vida neste espazo tan privilexiado. As actividades que se levan a cabo (rocódromo, tiro con arco, tiroliña, tipis indios, piragüismo no Encoro de Eiras…) teñen como denominador común o respecto, a diversión e a participación activa. Promóvense a educación ambiental a través de obradoiros de pan, de programas como “A vida na granxa” onde os cativos se converten en granxeiros , “Os sentidos na granxa”, onde espertan a curiosidade e o interese polos animais (galos, galiñas, coellos, vacas, cabras, porcos vietnamitas, gatos…), as plantas, árbores e os seus coidados, ou “Descubrindo o bosque”, onde os cativos, e tamén nós, fixemos un roteiro polo mesmo, para descubrir a vida que hai nel.

Foi unha mañá moi enriquecedora, descubrindo unha contorna excepcional, e aprendendo e nutríndonos da sabedoría de Paula neste campo.

Moitas gracias!

Share this Post