VISITA DE ESTUDOS A INDIANA
Unha experiencia inesquecible!
O alumnado do 1º curso do CFGS de Educación Infantil, tivo a oportunidade de visitar a Escola Infantil Indiana en Vigo. Con moito entusiasmo e cariño, Andrea amosounos as instalacións e explicounos a súa innovadora metodoloxía inspirada en Montessori, Reggio Emilia, ou o Movemento Libre, tendo en conta aos cativos como os protagonistas da aprendizaxe, a través dun acompañamento respectuoso.
Agradecemos a todo o equipo de Indiana por recibirnos tan cordialmente!
Como podedes ver nas imaxes, logo de visitar Indiana, dirixímonos a dous parques infantís preto, para facer unha análise dos mesmos, e como non, disfrutalos un pouco.