Unha xornada de aprendizaxe moi motivadora para as nosos futuras TCAEs nun Centro de Día moi especial, con AFAMO

/ Novembro 6, 2024/ Noticias

A coordinadora da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo recibiunos no Centro de Día de Alzheimer de Moaña, xestionado por esta entidade. 

O luns 04/11/2024 viaxamos a Moaña para visitar o centro de día especializado en Alzheimer xestionado por AFAMO, onde Martina Ferradás, a coordinadora da entidade, nos amosou as instalacións, explicando a importancia e valor dos TCAEs e do seu traballo cos usuarios e usuarias.

Martina tamén nos relatou, con gran paixón, a historia de AFAMO e a súa misión de mellorar as vidas das persoas que fan uso da asociación (tanto persoas usuarias como familiares).

Tivemos tamén a oportunidade de participar nunha actividade de musicoterapia dirixida polo acordeón e a voz de Xavier Blanco, afamado músico, artesán, mestre gaiteiro e presidente de Fundación Legar, abraiados ante a enerxía e nivel de participación que amosaron as persoas usuarias, acompañando a Xavier coas súas voces e mans.

O noso alumnado salientou os seguintes aspectos sobre esta visita: a adquisición dunha nova perspectiva sobre as persoas usuarias con Alzheimer, a necesidade de invertir esforzo e tempo na observación e na comunicación con estas persoas usuarias, a motivación transmitida e o torrente de emocións experimentadas.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a paixón, o coñecemento e o exemplo virtuoso de Martina, Xavier, AFAMO e Legar, que contribúen á mellor formación dos nosos estudantes do C.F.G.M. CAE.

Este evento incluiuse na programación horizontal do noso Ciclo de Enfermería como parte do Proxecto Empresa – Aula, celebrándose unha semana antes de iniciar o período de estancia do noso alumnado nas empresas do primeiro trimestre: centros de día e residencias de maiores da nosa contorna.

QUERES SABER MÁIS SOBRE AFAMO?

WEB: https://afamomorrazo.es

INSTAGRAM: @afamomorrazo

FACEBOOK: www.facebook.com/AfamoMorrazo

 

QUERES SABER MÁIS SOBRE A FUNDACIÓN LEGAR?

WEB: https://www.fundacionlegar.org/index.php/conecenos

INSTRAGRAM: @fundacionlegar

FACEBOOK: https://www.facebook.com/fundacionlegar/

 

Share this Post