Unha mirada ao corazón da clínica Isla
O noso alumnado de Técnicas de Axuda Odontolóxica e Estomatolóxica visita a Clínica Isla.
O pasado venres 11 de xuño desfrutamos dunha mirada privilexiada ás instalacións da Clínica Isla (Ponteareas) da man do Odontólogo Bernardo Porto. O noso alumnado de Técnicas de Axuda Odontolóxica, do CM Coidados Auxiliares de Enfermería, quedou encantado coa experiencia, na que destacaron a observación directa de equipamento tecnolóxico de última xeración e unha charla dinámica sobre a importancia da labor do TCAE como auxiliar da clínica dental.
A Clínica Isla é máis que unha clínica dental; nela ofértanse servizos de odontoloxía, coas especialidades en implantoloxía oral e estética dental, odontoloxía conservadora, hixiene e prevención; ademáis, conta cun gabinete de podoloxía, coas especilidades de podoloxía deportiva, biomecánica e cirurxía podolóxica. Pero, ante todo, é unha clínica familiar cunha gran acollida por parte da poboación de Ponteareas, caracterizándose polo estupendo trato profesional do seu persoal: o auténtico corazón da clínica.