UNHA HIXIENE DE CALIDADE NAS INSTALACIÓNS SANITARIAS EMPEZA POLA AXEITADA XESTIÓN DOCUMENTAL E DE ALMACÉN

/ Maio 22, 2025/ Noticias

Os ciclos de Coidados Auxiliares de Enfermería e Panadería, Repostería e Confitería visitan as instalacións de DARLIM en Porriño, desfrutando dunha visita de estudos adaptada a contidos específicos de varios módulos formativos.

No Ciclo de CAE esta visita estivo principalmente enfocada aos módulos de Hixiene do Medio Hospitalario e Operacións Administrativas. Previamente á visita, os profesores destes dous módulos estableceron unha guía da visita a partir da cal dar resposta a interesantes preguntas elaboradas na clase.

Así, aprendemos sobre as instalacións requiridas, a xestión documental do almacén, o transporte e a xestión dos produtos de limpeza e desinfección, imprescindibles para reducir a prevalencia de infeccións nosocomiais. Ademáis, fixámonos nas diferentes liñas de produtos que vende DARLIM e no seu etiquetado (composición, instrucións de uso, advertencias e pictogramas).

Tamén houbo tempo para a transmisión de valores relacionados coa Responsabilidade Social Corporativa e a necesidade de realizar un bo traballo de mantemento das instalacións e aparataxe tanto na industria sanitaria como na alimentaria.

Moitas grazas por acollernos sempre con tanta dedicación e agarimo!

 

Share this Post