UNHA EXPERIENCIA ÚNICA DE COLABORACIÓN ENTRE AS ALUMNAS DE 2º DO CFGS DE EDUCACIÓN INFANTIL E A FUNDACIÓN DOWN VIGO

/ Novembro 20, 2024/ Noticias

O pasado xoves, as alumnas do 2º curso do CFGS de Educación Infantil deseñaron e levaron a cabo unha serie de actividades para traballar a motricidade, a creatividade e a comunicación, entre outros moitos aspectos, cos usuarios de Down Vigo.
Este traballo non só foi unha oportunidade para compartir coñecementos e experiencias, senón tamén unha forma de promover a inclusión e enriquecernos dela.
Grazas a todos os usuarios e profesionais de Down Vigo por acolleranos con os brazos abertos!

Share this Post