Unha das actividades executadas polo alumnado de Educación Infantil a través do proxecto “O Monte na Escola”

/ Xuño 8, 2021/ Noticias

Presentámosvos unha das actividades executadas polo alumnado de Educación Infantil a través do proxecto “O Monte na Escola”. Trátase dunha recolección das plantas que previamente coñeceramos a través do roteiro feito polas inmediacións do noso Centro ata o Hotel Nande, para facer un herbario con elas. Está feito con moito agarimo e coidado. Ademais disto, o alumnado está a reciclar na propia aula, encargándose cada semana un alumno de depositalo no contedor correspondente. Esperemos que vos guste o resultado.

Share this Post