Os nosos futuros TCAES plantan sorrisos

/ Xuño 2, 2021/ Noticias

UNHA NOVA ACTIVIDADE EN EQUIPO COS NOSOS MAIORES DA RESIDENCIA SALVATIERRA

Onte, o equipo “Apdrina un avó” do Proxecto MenteNatura (GiraJóvenes, Coca-Cola), formado por alumnado do noso CM Coidados Auxiliares de Enfermería, acudiu novamente á Residencia Salvatierra para realizar unha nova actividade co seu grupo habitual de 10 residentes. Nesta ocasión levaron plantas, terra, maceteiros e pratos para facer unha actividade de transplante e preparación das devanditas plantas, as cales foron finalmente agasalladas aos residentes para que poidan desfrutar e coidar delas nas súas respectivas habitacións.

Como sempre, en EFA A Cancela agradecemos a colaboración do equipo da Residencia Salvaterra co noso alumnado.

Share this Post