UN DÍA RODEADOS DO MELLOR DA GASTRONOMÍA DE SANTIAGO

/ Novembro 26, 2015/ Noticias

O día 25 os alumnos tanto do grupo de primeiro como de segundo de Panadería e Pastelería, visitamos a capital galega, foi um  día moi completo posto que iniciamos o recorrido gastronómico na Plaza de Abastos de Santiago, ali nos esperaba Lucía Freitas Chef do afamado restaurante A Tafona Casa do Xantar. Amais de disfrutar da súa explicación sobre o nível gastroníómico que vive Galícia nestes intres , empapounos dun montón de ganas, ilusión e pasión pólo traballo bem feito . Para os nosos alumnos e de suma importancia este tipo de referencia persoal e profesional, e de verdade quedamos moi agradecidos póla súa dedicación.

20151125_144924
Non para menos a visita o Restaurante Abastos 2.0, outro motor vivo do bo facer da nosa  cociña galega, atendeunos Marcos propietario e chef encargado de bos proxectos, argumentos asentados en facer unha cociña de mercado de alta calidade. Contounos a traxectoria deste negocio e demostrounos que  con traballo todo chega.
A terceira visita foi a panadería Bulanxerí, concepto novo dunha panadería de verdade onde o pan sabe a pan de calidade, utilizando as mais avanzadas técnicas de panadería francesa, onde a  boa fariña  e a utilización de masa nai transforman o pan nun produto con carácter e definición absoluta de calidade.
Santiago tiña amais hoxe un evento especial, pois entreganse as Estrelas Michelin, nunha gala no Hostal dos Reis Católicos, e como non alí estivemos dando unha visual os preparativos de este gran evento para a nosa gastronomia.
Como conclusión  quedamos com moi bo sabor de boca posto que non tódolos dias nos atopamos a profesionais que disfrutan e crean dun xeito tan especial do traballo do que viven.
Fátima Estévez.

Share this Post