TRANSFORMAMOS O PATIO DA EFA

/ Marzo 2, 2022/ Noticias

A semana pasada, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, puxo en marcha o proxecto de transformación do patio da EFA, nun espazo de aprendizaxe agroecolóxico para o fomento da educación ambiental, o aproveitamento de recursos e a economía circular.

É un proxecto que xa comezara o curso pasado, tendo como eixo vertebrador “A educación ambiental”, e onde o alumnado xa fixera un roteiro de identificación das árbores e plantas da zona, reciclaxe na aula, recollida de plantas e finalmente un herbario.

O proxecto ten como obxectivo a creación dun xardín comestible, onde os protagonistas son os propios alumnos, que converterán o espazo nunha horta ecolóxica, cun xardín de plantas aromáticas e medicinais, con un espazo dedicado aos froitos do bosque, e contarase tamén cun invernadoiro.

Todo o proxecto foi elaborado por Alejandra González Fernández, Enxeñeira Técnica Agrícola, e enmárcase dentro dun proxecto educativo transversal que coordina o Concello das Neves, denominado “O monte nace na escola”,  que ten como obxectivo sensibilizar á comunidade educativa e ao propio alumnado, a ser máis respectuosos co medio ambiente.

Que vos vai parecendo o resultado? E os agricultores?

Moitas grazas Alejandra!

Share this Post