SESIÓN FORMATIVA DO ESPAZO FAMILIAR “PIEL CON PIEL”

/ Febreiro 22, 2022/ Noticias

Este pasado mércores, o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil recibiu a visita de Iria e Lorena, dúas Educadoras Infantís, propietarias do Espazo Familiar “PEL CON PEL” de Vigo.

A través desta sesión formativa, puidemos aprender como traballan e levan a cabo obradoiros sensoriais (con barro ou chocolate, por exemplo) e onde se realiza unha aprendizaxe significativa a través dunha emoción positiva vivida polos nenos.

Realizan tamén un acompañamento familiar tanto no propio centro, como no domicilio, asesorando ás familias e acompañando aos bebés, e teñen un espazo tamén para a estimulación acuática e masaxe infantil, onde se traballa o vínculo, ou aquelas posibles dúbidas sobre o nivel de desenvolvemento dos cativos. Todas as actividades e obradoiros realízanse acompañados da familia, (cun máximo de dous nenos por adulto), e baixo un clima de respecto, confianza e calma.

Teñen unha metodoloxía baseada no xogo e na experimentación, respectando ritmos de aprendizaxe, e a liberdade de expresión e de movemento.

Tamén nos transmitiron a súa paixón pola etapa comprendida entre os cero e os tres anos, e as súas posibilidades infinitas para a maduración, o desenvolvemento e aprendizaxes dos nenos.

Moitísimas grazas pola sesión!

Share this Post