O TRABALLO DO AUXILIAR DE CLÍNICA DENTAL EN PORTUGAL. UNHA EXPERIENCIA ERASMUS

/ Xuño 23, 2025/ Noticias

Esta sesión formativa, impartida por unha antiga alumna da nosa EFA, aportou información moi valiosa sobre as diferenzas existentes nas dinámicas de traballo entre as clínicas odontolóxicas españolas e portuguesas.

O pasado venres 20 de xuño Yolanda CamposTCAE e antiga alumna do noso C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería, realizou unha estupenda sesión formativa na cal explicou a súa experiencia Erasmus duns cinco meses traballando nunha clínica odontolóxica en Braga, Portugal.

Ademáis de describir as diferenzas existentes nas tarefas que realiza un TCAE no eido da odontoloxía en España e Portugal e nas titulacións conducentes á habilitación para traballar neste tipo de empresas, Yolanda tamén explicou todos os procesos que se realizan do mesmo xeito, apoiando así as ensinanzas transmitidas no módulo Técnicas de Axuda Odontolóxica e Estomatolóxica do noso ciclo. Toda esta información resulta moi valiosa a nivel laboral para o noso alumnado, debido á proximidade de Portugal aos seus domicilios.

Coa humildade auténtica de quen busca mellorar e aprender de xeito continuo, un dos valores que transmitimos na nosa EFA, durante toda a súa exposición Yolanda comunicou ao noso alumnado unha valoración moi positiva da súa aventura, recomendando realizar o Erasmus a todas aquelas persoas interesadas, e declarando que regresa da súa experiencia convertida en mellor profesional e mellor persoa.

Sempre é un orgullo recibir na nosa EFA ao antiguo alumnado que deixou unha pegada positiva no seu paso polo noso centro e contar co seu apoio na formación do noso novo alumnado. Moitas grazas, Yolanda!

Share this Post