Técnicas en emerxencia

/ Outubro 27, 2020/ Noticias

Estreámonos no Ciclo de TCAE coa primeira sesión, impartida por: Pablo e Noelia, técnicos en emerxencias:

Explicáronnos que a rede de transporte sanitario en Galicia, dende 1977 en Galicia de estableceu 061 para homogenizar o sistema da central de coordinación. Constitúeo un teleoperador, un médico e un locutor. Explicaron as funcións que realiza: facilitar consello médico, a coordinación de catástrofes e consellos sanitario.
Mostráronnos os dous tipos de rede de transporte sanitario: transporte urxente e non urxente. Formado por un helicóptero, ambulancias de soporte básico, ambulancias de apoio, ambulancias de soporte vital avanzado e fixeron unha explicación das tarefas que realizan os auxiliares de enfermería nestes servizos.

Share this Post