Sesión formativa e de sensibilización do refuxio Os Biosbardos de Ponteareas

/ Decembro 23, 2021/ Noticias

 

Este pasado luns, en relación coa campaña solidaria levada a cabo na EFA de recollida de mantas para os cans da protectora Os Biosbardos de Ponteareas, catro voluntarias do refuxio impartiron unha sesión formativa e de sensibilización sobre o seu traballo e o labor que desenvolven cada día de maneira altruísta, ao alumnado de 2º do Ciclo Superior de Educación Infantil.

Os Biosbardos nace no ano 2011, co obxectivo de dar amparo aos animais abandonados e maltratados (cans na súa maioría, aínda que tamén se fan cargo de moitos gatos) de Ponteareas. O seu traballo tamén consiste na concienciación social sobre os dereitos dos animais, e a difusión de campañas educativas polo respecto e o coidado de todos os seres vivos.

Grazas a elas puidemos ver máis de preto as situacións de desprotección e malos tratos que viven moitos animais hoxe en día, a importancia da adopción e a esterilización antes da compra de animais, e sobre todo, a necesidade de que xeracións futuras como é o noso alumnado, se concience sobre o non abandono e o respecto cara aos máis vulnerables.

Podedes colaborar con eles facéndovos voluntarios, apadriñando, adoptando, facéndovos  teamers, sendo casa de acollida…

Con elas viñeron tamén tres cans do refuxio, que levaron moitos mimos e caricias dos alumnos, (Neo sobre todo), e que por certo, están en adopción por se alguén se anima.

Seguro que este inverno están quentiños coas mantas e  comida que o alumnado doou e polo que estamos moi agradecidos dende a EFA e dende o refuxo.

Moitas grazas!!!!!

Aquí deixámosvos a súa páxina web por si queredes saber máis:

https://protectoraosbiosbardos.org/

Share this Post