Obradoiro de papiroflexia con Lolo de Barafunda Animación

/ Decembro 23, 2021/ Noticias

A semana pasada visitounos Lolo, director da empresa Barafunda Animación, fundada no ano 2009, e que se dedica ao deseño e produción de servizos de animación infantil e para adultos. Con el fixemos un obradoiro de papiroflexia, que consiste en empregar un conxunto de técnicas que permiten realizar figuras en papel dobrándoo, sen realizar cortes con tesoiras nin usar pegamento. Só nos fixo fixo falta a imaxinación, un anaco de papel e moitas ganas de aprender e divertirse.

Barafunda ten varias liñas de traballo:

Animación, dedicada ao público familiar onde se realizan espectáculos nas rúas, en teatros, conta contos (que son publicados pola propia editorial), espectáculos con burbullas, maxia, charangas, batucadas…

Editorial propia, que conta con oito títulos publicados, e de temática galega. Algúns deles son:  ” A casa do rato Renato“, ” Antón e o Apalpador“, e ” Pepiña Maruxina quere voar“, entre outros.

Discográfica propia, onde publicitan grupos da zona, facendo promocións e espectáculos. O seu último traballo é ” Ollo piollo“, con cantigas infantís.

A terceira liña relaciónase co tempo libre, e coa Escola de Tempo Libre Fervenza, que é unha escola de formación, na que tamén se realizan campamentos ao aire libre, urbanos…

Aquí vos deixamos as ligazóns por si queredes saber máis:

https://www.instagram.com/barafundaanimacion/

https://www.barafundaanimacion.com/

Moitas grazas Lolo!!!

Share this Post