Sementando Exemplo | Formación do profesorado

/ Abril 7, 2025/ Noticias

O pasado martes o profesorado tivo a oportunidade de participar nunha nova sesión do programa de formación continua Sementando  Exemplo, centrado no crecemento persoal e profesional a través das virtudes e habilidades brandas.

Nesta ocasión, afondamos nun tema esencial: “A túa pegada no mundo: o impacto do liderado responsable”, unha interesantísima intervención a cargo de Don Javier Presas, Doutor en Xornalismo e Licenciado en Dereito, quen nos brindou unha profunda reflexión sobre a responsabilidade de liderar con ética, coherencia e visión de futuro.

Desde o Centro queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Don Javier Presas pola súa xenerosidade, sabedoría e inspiración.

Seguimos sementando exemplo para que, a través da educación, os nosos alumnos aprendan tamén a deixar unha pegada positiva no mundo.

Share this Post