Proxecto Espazo Agroecolóxico

/ Febreiro 3, 2023/ Noticias

Esta semana os alumnos dos distintos ciclos do centro tiveron unha sesión de traballo  no espazo agroecolóxico, co que contamos dende o curso pasado.

Nesta ocasión comezamos con tarefas de limpeza, abonado e preparación dos bancales.

Estas, son tarefas necesarias para que na próxima primavera, póidase dar comezo coa plantación da horta. Tamén realizamos tarefas de poda e transplante.

Unha mañá chea de traballo gratificante posto que a relación que se establece con este elemento natural, a nosa horta, (mantemento, coidado,…) achega as relacións sistémicas da produción de alimentos ao alumnado participante.

Tamén podemos afirmar que se trata de facer Entender de forma práctica os procesos para o coidado dun pequeno ecosistema e deste xeito favorecer a concienciación ambiental.

Esta implicación do alumnado que participa fai que teña tamén a actividade unha achega de convivencia, un espazo para a interrelación e cooperación onde descubrir a importancia de traballar en equipo e a vontade de coidar a terra desde un espazo común, valores  que sen dúbida forman parte da esencia da nosa EFA.

A Presidenta da Asociación EFA A Cancela e directora do proxecto M. Carmen Gil, subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude, Programa Iniciativa Xove, felicita os alumnos participantes e profesorado.

Share this Post