A doazón de órganos e tecidos

/ Febreiro 8, 2023/ Noticias

Paula Boga imparte unha sesión informativa sobre o transplante de órganos e tecidos no C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería.

Hoxe en día, a doazón e transplante de órganos é unha práctica terapéutica perfectamente consolidada na nosa contorna, chegando en Galicia a superar xa os 47 doantes por millón de habitantes.

Para transplantar un órgano son necesarios uns 100 profesionais, por termo medio. Así, unha sesión coma esta impartida pola coordinadora autonómica de transplantes é a oportunidade perfecta para destacar a labor de todos os colectivos profesionais que dalgunha maneira fan posible o funcionamento do programa de doazón e transplante.

Tamén agradecemos a presenza de Carlos, presidente de DETRADI Galicia (a Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Diálise) e transplantado de fígado, que nos contou de primeira man como viviu todo o proceso desde que se lle detectou a enfermidade ata a súa experiencia de mellora da calidade de vida posterior á intervención.

Moitas grazas, Paula e Carlos!

Share this Post