Os delitos que se esconden detrás das RRSS

/ Febreiro 27, 2023/ Noticias

Marta García Mosquera, doutora do Departamento de Dereito Público da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo impartiu esta sesión para os alumnos de 1°CS de Administración e Finanzas e 2°CM de Xestión Administrativa.

Grooming, sexting ou bullying non son as únicas condutas perigosas e delitivas que se cometen a través de internet. Nas redes sociais existen outros tantos contidos, que mesmo poden pasar inadvertidos, e que tamén están castigados no Código Penal polo risco que supoñen, en especial para persoas novas. Trátase da difusión de mensaxes que poden incitar a realizar comportamentos arriscados para a saúde ou mesmo para a vida (xogos de retos virais, perigosos consellos alimenticios, incitación ao consumo de preparados ou produtos etc.).

A cultura xurídica pode ser a principal ferramenta de prevención fronte a tales riscos.

Share this Post