O TRABALLO DOS TCAEs NA UCI

/ Marzo 20, 2024/ Noticias

Sesión formativa de primeiro nivel para o noso alumnado de enfermería en EFA A Cancela, da man dunha enfermeira e unha TCAE que taballan na UCI do Álvaro Cunqueiro.

O pasado 5 de marzo, o noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería recibiu unha sesión formativa moi especial impartida por dúas expertas traballadoras do Hospital Álvaro Cunqueiro: María González (enfermeira) e Alejandra Guisande (auxiliar).

Durante aproximadamente unha hora e media, ambas explicaron a natureza do traballo nunha UCI, centrándose nas tarefas propias dos TCAEs, informaron ao alumnado sobre cómo acceder a nivel laboral a este servizo especial e serviron como exemplo tanxible de compañeirismo e bo traballo en equipo para salvar vidas nun ambiente onde a liña divisoria entre a vida e a morte é, ás veces, moi delgada.

Ademáis de falarnos sobre as técnicas de illamento, os cambios posturais na UCI, a correcta utilización dos equipos de protección e a súa experiencia durante a situación COVID, María brindounos unha visión exclusiva sobre as competencias dos traballadores sanitarios en Alemania.

O alumnado valorou moi positivamente esta sesión formativa, sendo unha das favoritas ata a data neste curso. Grazas, María e Alejandra, polo voso tempo e a vosa xenerosidade.

Share this Post