COMPARTINDO A SÚA EXPERIENCIA NAS EMPRESAS DO EIDO SANITARIO

/ Marzo 19, 2024/ Noticias

O noso alumnado de Enfermería expón os seus traballos de investigación realizados a partir da súa estancia en diversas empresas do eido sanitario da nosa contorna.

Durante a segunda semana de marzo, coincidindo co regreso da súa estancia nas empresas, o noso alumnado do C.F.G.M Coidados Auxiliares de Enfermería compartiu co resto do alumnado e co seu profesorado as súas vivencias a través do proxecto de investigación que deseñaron na clase e finalmente desenvolveron en diversos centros relacionados co medio sanitario durante a semana do 26 de febrero ao 01 de marzo: clínicas podolóxicas, clínicas de fisioterapia, centros médicos, clínicas de especialidades e centros especializados en discapacidade, entre outros.

Así, executaron o proxecto de investigación que deseñaron na clase e que finalmente desenvolveron durante 5 días en cadansúa empresa, mergullándose na realidade do mundo laboral sanitario e vivindo experiencias únicas que enriquecerán a súa FCT o vindeiro curso.

Este proxecto abrangueu os contidos teóricos e prácticos dos módulos, as sesións formativas que aínda se están a impartir, o curso “Formación para o Emprego” propio do noso Centro, así como a propia estancia e o traballo de investigación asociado a ela. Proximamente, todo este traballo culminará nunha sesión final na que se acadarán conclusións comúns a partir de todas as experiencias individuais.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a amable colaboración de tantos profesionais e expertos responsables das empresas, sen a axuda dos cales non tería sido posible esta parte imprescindible do noso plan formativo.

Share this Post