O NOSO ALUMNADO DE ENFERMERÍA APRENDEU DIVERSAS ESTRATEXIAS E TÉCNICAS PARA LOITAR CONTRA O DETERIORO COGNITIVO DOS NOSOS MAIORES

/ Novembro 8, 2024/ Noticias

Noemí Lago, educadora social con ampla experiencia no traballo en residencias de maiores e na práctica docente, profundizou nas actividades que se poden realizar en residencias de maiores e centros de día para paliar o deterioro cognitivo das persoas usuarias. 

O pasado martes 5 de novembro Noemí Lago visitou EFA A Cancela para compartir co noso alumnado do C.F.G.M. Coidados Auxiliares de Enfermería o seu coñecemento sobre as actividades de tempo libre que se realizan cos usuarios en residencias e centros de día e que teñen por obxectivo combatir o deterioro cognitivo, complementando á perfección a sesión previa de Elena Covelo e a intervención de Martina Ferradás na visita ao centro de día xestionado por AFAMO.

O noso alumnado aprendeu técnicas concretas a desenvolver cos afectados para paliar os síntomas relacionados co deterioro cognitivo típicos, entre outros, dos trastornos neurocognitivos. Así, destacan as fichas de estimulación sensorial, as actividades de reminiscencia, as actividades de rehabilitación e xerontoximnasia, os obradoiros específicos, o bingo, o cinefórum, e o Método Montessori adaptado a demencias. Esta sesión foi, ademáis, un complemento perfecto para os contidos deste trimestre no módulo Promoción da Saúde sobre trastornos crónicos e trastornos neurocognitivos (trastorno neurocognitivo leve, demencia frontotemporal, demencia vascular, corpos de Lewy, Alzhéimer, Parkinson…).

Noemí recordou algo esencial para potenciar a motivación do noso alumnado nesta próxima estancia: a profesionalidade necesaria por parte dos TCAEs para dar un trato de calidade aos usuarios e usuarias de residencias e centros de día, rematando esta estupenda sesión coa seguinte frase de Víctor Hugo, que resume á perfección a actitude que debe ter un TCAE no seu traballo: “Coidar é un acto de amor que fortalece tanto ao que o da como ao que o recibe”.

Desde EFA A Cancela agradecemos enormemente a colaboración de Noemí Lago na formación dos nosos estudantes do C.F.G.M. CAE.

Esta sesión formativa incluiuse na programación horizontal do noso Ciclo de Enfermería como parte do Proxecto Empresa – Aula, celebrándose días antes de iniciar o período de estancia do noso alumnado nas empresas do primeiro trimestre: centros de día e residencias de maiores da nosa contorna.

Share this Post