Fundación Secretariado Gitano en EFA A Cancela
No módulo de Intervención con familias en riesgo de exclusión social fixemos un acercamento á cultura xitana.
A “Fundación Secretariado Gitano” visitou o noso centro EFA A Cancela na procura dunha formación que favoreza a integración e o entendemento cultural. Este encontro tivo como obxectivo sensibilizar aos futuros educadores infantís sobre a rica cultura xitana e promover o respecto e a convivencia entre as distintas tradicións. “É fundamental que, como docentes, busquemos a historia detrás de cada comportamento que acompaña a cada neno, xa que con pequenos detalles podemos cambiarlle a vida”, comentaron Aurora e Zaira. Quédanos grabada a importancia de darlle un espazo ás familias nos centros educativos e traballar estreitamente para que os nenos e nenas medren cubertos. Non esquezamos ter presentes a todos os colectivos na procura dunha educación en igualdade.
Moitas grazas por participar na nosa formación!