O Ciclo superior de Educación Infantil asistiu a unha sesión sobre adiccións, impartida por Carmen Guimerans, psicóloga clínica e Directora do centro Asvidal
O luns pasado, o alumnado do Ciclo superior de Educación Infantil asistiu a unha sesión sobre adiccións, impartida por Carmen Guimerans, psicóloga clínica e Directora do centro Asvidal (Unidade asistencial de Tratamento do Alcoholismo), situada en Vigo. Carmen explicounos os diferentes tipos de adiccións que existen, adiccións ás substancias e adiccións comportamentaiss, ( ao xogo, ao teléfono móbil, ás compras…), o que provoca nas persoas na súa vida e nas súas relacións sociais, a precocidade coa que aparecen, e como traballan os especialistas que forman parte do equipo de Asvidal ( dúas psicólogas clínicas, dúas traballadoras sociais, un médico especialista en adiccións e unha administrativa).
Aquí vos deixamos os links por si queredes saber máis do seu traballo diario:
https://www.facebook.com/alcoholismo.asvidal
¡Moitas grazas Carmen!