IX SEMANA GASTROCULTURAL, EFA A CANCELA, AS NEVES
I XORNADA- DÍA 15 de maio.
JORGE CAMESELLE TEIJEIRO inaugurou esta novena edición da Semana Gastrocultural.
Doutor en Medicina e Cirurxía, Académico Correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria.
É tamén especialista en Anatomía Patolóxica e Director do Grupo de Investigación en Oncoloxía Clínica ADICAM.
Na súa exposición no día de hoxe no Auditorio José Gil de As Neves destacou que “A excelencia é o voluntariado, a coherencia, a autoestima e un pouco de rebeldía”.
Recoñeceu que Bernard Fisher cambiou as súas ideas ata ese momento na “cirurxía conservadora contra a masectomía”.
“A investigación clínica en Medicina é fácil, sinxela e mesmo divertida”, destacou.
Leva a cabo tamén sesións de Risoterapia nas que comproba a efectividade desta técnica no benestar dos seus pacientes xa que aprender a xestionar as emocións son claves para a estabilidade mental.
Terminou a súa intervención falándonos das enfermidades raras e a súa incidencia en Galicia, así como a necesidade de formar aos profesionais de atención primaria.
LEVÍ OLIVEIRAIS GONZÁLEZ.
Persoa de apoio de persoas con discapacidade, consultor en procesos de cambio en organizacións e Director Xerente en EVD Galicia, a traxectoria persoal e profesional de Leví Oliveirais estivo vinculada a organizacións sociais como voluntario, como traballador e participando en equipos de transformación social, como Alborada, médicos do Mundo e Rede social Galicia Sur.
Os Centros EVD Galicia son unha institución relixiosa sen ánimo de lucro da Congregación Escravas da Virxe Dolorosa, que ten como misión promover a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual facilitándolles apoios individualizados de calidade.
Na realización da súa actividade, a organización actúa coherentemente cos seguintes valores: dignidade da muller con discapacidade intelectual, compromiso coa misión, apoio integral, orientación á calidade, traballo en equipo e adaptación.
VÍCTOR CONUS.
A cociña de Víctor Conus é a culminación dunha viaxe persoal e profesional. Admirador da filosofía de Santi Santamaría e amante do produto, Víctor tiña en mente un concepto practicamente inédito en Galicia: unha barra gastronómica na que ofrecer alta cociña, allea ás modas. O proxecto materializouse nun acolledor espazo, presidido por unha gran barra de mármore branca, ideada para facer desfrutar ao cliente dunha cociña tradicional.
Víctor afirma que hai que equivocarse para evolucionar e aprender.
Concluíu recalcando que para ser mellor en calquera profesión hai que practicar a “cultura do esforzo”.
JOSÉ ANTONIO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ.
José Antonio Fernández é o administrador de TECSEM.
As súas máximas sempre foron o mantemento dun compromiso perseverante na procura do traballo ben feito e a conexión empática cos clientes para analizar as súas necesidades.
TECSEM fundouse no ano 1982 co fin de acompañar aos seus clientes no desenvolvemento da súa actividade Empresarial. Desde os seus inicios, ofrecen aos seus clientes un servizo profesional e persoal adecuado ás súas necesidades e baseado na calidade.
Utilizando un símil con Joselu de exemplo que lle deu a vitoria ao Real Madrid, José Antonio quería explicar que o esforzo, a oportunidade, o tesón, o traballo en equipo é a clave do éxito.
Debemos preguntarnos se somos mellores cada día, se crecemos por dentro.
Destacou a importancia da familia, do trato humano e da honestidade e de ser cada día mellor persoa.
Debemos cultivar a integridade, o espírito de servizo e a responsabilidade e sempre con alegría e felicidade.
Excelencia técnica si pero sempre acompañada de excelencia humana.
ÓSCAR PÉREZ RAMIL.
Óscar Pérez Ramil é o secretario-xerente do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa e director técnico da devandita denominación.
Gran defensor do rural e dos pequenos gandeiros, avoga pola divulgación das bondades de queixo Arzúa-Ulloa entre o alumnado do territorio.
Óscar explicounos as diferenzas entre unha IGP e unha D.O.P.Tamén nos transmitiru o valor que debemos dar ao noso produto, xa que moitos dos nosos alumnos incorporaranse en breve ao mundo laboral e serán os consumidores e futuros empresarios dentro do mundo da restauración, a panadería e a pastelería que elaboren subprodutos con estas materias primas de altísimo valor e calidade.
Moítisimas gracias a todos os relatores por unha primeira xornada de altísimo nivel, do nivel da excelencia sen lugar a dúbidas.