A EFA A CANCELA forma parte do Consorcio da Deputación de Pontevedra e participa no Proxecto Practicum Depo xunto con outros 30 centros educativos da provincia.
O obxectivo deste programa é ofrecer a posibilidade aos nosos alumnos de traballar nunha empresa europea desde durante un período de entre 4 e 6 meses. (Unha vez rematada a FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á súa titulación).
Os países onde pode ir o alumno son:
Reino Unido, Irlanda, Italia, Finlandia, Malta, Portugal ou Alemaña, entre outros.
1. REQUISITOS:
- Ter finalizado e aprobado un Ciclo Medio (Xestión Administrativa, Panadería ou Coidados Auxiliares de Enfermería no caso do noso centro).
- Ter un coñecemento acreditado na lingua do país de destino ou se nón é o caso comprometerse a realizar un curso gratuíto na plataforma lingüística de Erasmus+.
Baremo para a selección de alumnado:
- Adecuación da titulación e do perfil (30%)
- Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)
- Expediente académico (20%)
- Méritos (10%)
- Entrevista persoal (20%)
2. DOCUMENTOS:
- Folla de inscripción. Descárgaa aqui.
- Entrevista persoal.
- Relación de alumnado seleccionado: SELECCIÓN ALUMNOS ERASMUS+ 22-23 SELECCIÓN ALUMNOS ERASMUS+ 23-24
Outros documentos legais:
- Carta Erasmus: descárgaa aquí.
- Erasmus Policy Statement: descárgaa aquí.
3. LIGAZÓNS DE INTERESE:
Erasmus + SEPIE