GAÑAMOS, NOVAMENTE, O PREMIO XORNALISTAS NATURAIS NA CATEGORÍA FP / BACHARELATO DO PROGRAMA PRENSA – ESCOLA (LA VOZ DE GALICIA)
Xa recibíramos o galardón na mesma categoría hai dous cursos.
EFA A Cancela recibiu o Premio Xornalistas Naturais do Programa Prensa – Escola de La Voz de Galicia na categoría FP / Bacharelato co noso proxecto de ciencia cidadá “Un estudo dos fungos e os liques da nosa contorna”, dirixido polo profesor biólogo Gabriel Meizoso, no cal o alumnado dos primeiros cursos de catro dos nosos ciclos realizou un impacto positivo no territorio transmitindo o valor dos liques como bioindicadores de calidade do aire ao tempo que promoveu a concienciación sobre a importancia da biodiversidade no Concello de As Neves, o seu papel ecolóxico e a necesidade de respectala e protexela.
O pasado xoves 12 de xuño participamos na cerimonia de entrega de galardóns que tivo lugar no Auditorio Abancade Santiago de Compostela.
La Voz de Galicia comentou sobre o noso traballo o seguinte “Para o xurado, a observación dos fungos e liques está contextualizada, ben fundamentada e presentada con sensibilidade, precisión e sentido divulgativo. A redacción está moi coidada. É especialmente interesante o feito de analizar a natureza da contorna desde a perspectiva dos diferentes estudos. O xurado destacou o esforzo por transmitir a importancia da natureza máis alá do traballo que cada un desenvolva, cunha clara aposta polo amor e respecto da contorna”.
Desde EFA A Cancela, agradecemos ao Programa Prensa – Escola e a La Voz de Galicia o seu esforzo e traballo para crear certames coma éste, que serven como vehículo para o ensino e a posta en valor do noso medio natural, ensalzando o traballo en equipo e axudando aos nosos docentes a acadar o premio máis importante de todos: a aprendizaxe, o crecemento persoal e a satisfacción do noso alumnado.
@programaprensaescuela @lavozdegalicia @concelloasneves @somosabanca