Entrega dos títulos do Curso de Certificado de Profesionalidade de Panadería-Bolería da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia

/ Decembro 24, 2020/ Noticias

A Delegada da Xunta de Pontevedra, Dna. M. Luisa Piñeiro e algúns membros da Xunta Directiva da Asociación EFA A CANCELA (Dna. M.Carmen Gil, presidenta da Asociación, D. Serafín Domínguez, Dna. Lara Fernández, Dna. Nieves Rodríguez e Dna. Ana Durán) fixeron a entrega dos títulos acadados polos 13 alumnos que realizaron o Curso de Certificado de Profesionalidade de Panadería-Bolería da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia realizado na nosa escola. O acto tivo lugar o martes día 22 ás 16:00 horas na EFA A CANCELA

Estes Cursos de Profesionalidade, AFD,  están dirixidos a persoas demandantes de emprego e otorga unha titulación oficial adecuada para a inserción laboral ou para continuar estudando nun Ciclo Medio. En breve, anunciaremos o noso próximo curso AFD.

 

Share this Post